martes, 29 de diciembre de 2009

o gran desafio do seculo XXI

Non teño ninguha dúbida que si obxetivamente existíra un catalogo de problemas IMPORTANTES para os concellos de Bergantiños, Soneira e Fisterra, no primeiro lugar estaría a caída de habitantes que están a padecer de xeito inexorable.

Pensemos durante un minuto nas consecuencias que un proceso de pérdida continuada das persoas que ocupan o territorio,e polo que tanto actúan sobre él, acarrexa en todolas áreas da vida.

A conclulsión non pode ser outra: estamos ante unha debilidade de tal calibre que pon en risco, a medio plazo, a nosa propia supervivencia como unidade cultural e social, na medida en que a falla e renovación xeneracional supón de ruptura da transmisión colectiva de valores, costumes e xeitos de vida propios de unha comunidade.

O descenso de mais de 13.000 habitantes en 20 anos (1989-2009) é dramático. Sobre todo polo seu caracter continuado , e decir non relacionado con cuestións coxunturais. Sendo esto así, a pesares da innegable mudanza, cara a mellora, nas condicións físicas do territorio e nos estándares de calidade de vida acontecidos precisamente nese periodo.
Asistimos a unha gran paradoxa: Coincidindo cos anos de maior desenvolvemento económico, de mellora das condicións de vida, que a priori parecían as razóns que xustificaban e freaban o crecemento demográfico, prodúcese a maior perda de poboación.

Soio caben coma argumentos mínimamente explicativos as referencias ao tardío proceso de concentración nos entornos urbanos, que ainda tiñamos pendente, e a nosa asunción, ou mellor dito , a falta de rexeitamento, da emigración coma uha opción preferente, como consecuencia da caracterización do hiper-individualismo coma rasgo propio do noso carácter.

Non debemos caer na pírrica satisfacción do medre de alguns concellos porque responde, maioritariamente, a procesos de concentración que non de renovación xeracional. De nada serve que medren Carballo, Laracha ou Cee a costa de despoboar ós seus veciños. Cando o saldo neto continua a ser negativo ano tras ano significa que temos un verdadeiro problema común no que deberíamos concentrar toda a nosa atención.

Hai que ter en conta que a perda de poboación e un proceso de dinámica uniformente acelerada de carácter negativo. Cantos menos somos menos recibimos menos consumimos logo menos comercios temos , menos procudimos logo menos empresas, etc. en definitiva menos peso no conxunto que se traduce en menos oportunidades para todos.

Hai, para rematar esta chamada de atención, unha reflexión de carácter político que non me resisto a facer.A cuestión redúcese a seguinte pregunta:
¿ Como será o proximo futuro democrático dos nosos concellos si combinamos a perda de poboación "real", de habitantes no sentido literal do termo, co importante incremento dos censos de "residentes ausentes", e decir, de votantes que non "habitan" o territorio?.

lunes, 21 de diciembre de 2009

O novo parque do Rego da Balsa

Unha das actuacións incluídas no F.E.I.L., o mal chamado plan zapatero,foi a remodelación da zona verde do Rego da Balsa,para construir un parque infantil dentro da zona verde deseñada polo plan xeral de urbanismo.

A decisión de intervir, en principio, non parece desacertada, tendo en conta que aquela está chamada a convertirse nunha das principais vias e zonas urbanas de Carballo. E previsible que cando se produza o desenrolo inmobiliario daquel poligono recentemente urbanizado polos seus propietarios, será unha zona moi poblada e polo tanto necesitada de espacios de lecer.

Agora bén, hai que manifestar certas prevencións. Decidir renovar completamente unha zona onde xa existe un parque, certamente costoso no seu momento por mor da canalización do rio, é moi delicado. Supón, de entrada, desfacer o feito e ao mesmo tempo, implica deixar de actuar en outro lugar onde exista unha necesidade non atendida.

Polo tanto débese ter clara a ventaxe de refacer algo existente antes de facer unha nova actuación. Non parece que o anterior parque do rego da balsa presentase problemas maiores que obligaran a sua completa reconstrucción, mais aló do sempre necesario "lavado de cara", polo tanto sería oportuno que alguén xustificase as razóns polas que houbo que facer ese novo deseño de parque.

A seguinte prevención está relacionada coa propia selección do proxecto a executar. E dificil entender cal é o argumento que xustifique "encofrar" entre muros de cemento un espacio verde. E dificil de entender o criterio estético que defende o enclaustramento do rio e a creación de un laberinto de muros de cemento.Quén e porqué, son as preguntas que todos nos facemos, nunha Vila que si está sobrada de algo é de "monumentos" ao cemento.

A prevención final, mais aló de criterios estéticos, está relacionada coa boa xestión dos fondos públicos que é exixibel en todalas actuacións.Que os recursos foran "regalados" o concello polo propio plan non éxime de procurar a sua optimización. Para min resulta absolutamtente impropio investir en remodelar un parque, que xa existia, mais de 400.000 euros, cando mais da metade irán á partida de " hormigon e pavimentos".

Non é admisible, e aquí reside o grave desacerto, aprobar este despilfarro. Mais aló de valoracións subxetivas, a comparación con outras actuacións da mesma natureza feitas polo propio goberno deixa en moi mal lugar o responsabel da decisión. Téñase en conta que, por exemplo, o novo parque da plaza Eduardo pondal, tivo un orzamento total de 120.000 euros. Ou a semipeonilización da rua Desiderio Varela que costou aproximadamente a metade do parque do rego da balsa.

Polo tanto, nen dende o punto de vista estético xa que éste parque hiper-moderno de un estudio de arquitectura, por certo, a quén o goberno tenlle outorgado outros proxectos igualmente "singulares" en Carballo( Centro social de Oza)
non resiste a mínima comparación coa última plaza feita pola escola-taller.

E por suposto, nin dende o punto de vista económico, xa que non é admisible que se gasten perto de medio millón de euros en facer un parque, que xa estaba medio feito, cando é evidente que revisando mellor os proxectos, tendo criterios mais claros ou sencillamente, deixando actuar os técnicos propios os resultados son manifestamente mellores.

Para rematar unha proposta: tendo en conta o resultado, creo que sería acaído bautizar o novo espacio como o "Parque de Berlín" ou "Parque de Xerusalem" , como homenaxe as cidades marcadas pola existencia de muros.

A Lei de Aproveitamento Eólico

Hoxe aprobouse no Parlamento de Galicia a Lei de aproveitamento eólico. Unha norma de vital importancia para Galicia, non en valde, ate fai ben pouco tempo, éramos unha das principais potencias productoras de enerxía eolica de Europa.

Esta aprobación admite moitas aproximacións; primeira a política , entendendo o feito coma cumplimento de un compromiso electoral e poñendo de manifesto unha determinada filosofía de xestión de este elemento.

Moi someramente, a parte fulcral de esta filosofía está na creación de un cánon, unha obriga fiscal fundamentada no principio de quén contamiña paga.Este será o xeito de participación da Administración pública no mercado eólico.Frente a ésta, sitúase a visión do fenecido decreto anterior que propugnaba a participación directa, de carácter mercantil, nas empresas que compiten no mercado da producción enerxética.

Derivado de este punto de vista, e esta é outra das innovacions políticas, é recoñecer que os principais, que non os únicos, beneficiarios deben ser aqueles directamente afectados, os Concellos, que serán os destinatarios de ese Fondo especial que se nutrirá da recadación do cánon.

A aproximación dende unha óptica económica incide na aceptación de que o "negocio" eólico non pode ser alleo ó territorio onde se produce. A Comunidade debe obter o oportuno rendimento da producción de ese bén, en tanto que é o proveedor do soporte físico imprescindible para a realización da actividade económica. Ese cánon significa a retribución dos custos que sofre o territorio, e por ende os seus habitantes, pola implantación de unha actividade empresarial.

Polo tanto hoxe é un día importante, sempre que sirva para iniciar un camiño,no que non podemos perder o paso, porque é un sector tremendamente dinámico e a carreira está a ser moi dura.

E unha aposta na que non podemos fallar. Este ten que ser un dos piares do novo modelo productivo de Galicia. As palabras deben transformarse en iniciativas e ésta será unha delas.: desenvolver unha fonte de riqueza, un recurso enerxético para o que estamos moi ben dotados.

De dar un axeitado marco legal e o oportuno impulso da formación e innovación en esta materia , asicomo das axudas e facilidades para a implantanción de empresas neste sector e os seus auxiliares, dependerá efectivamente que sexamos mais enerxía e menos construcción. Mais futuro e menos pasado.

Como Presidente da comisión parlamentaria que debatiu e aprobou este proxecto de Lei, e tamen como membro da ponencia que redacto o texto da lei, espero sinceiramente que cumpla os seus oxetivos e constitúa un verdadeiro entorno positivo e provocador das iniciativas necesarias que impulsen a economía galega.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Por fin a autovía da Costa da Morte

De novo, e agardamos que,por última vez, se volve a licitar o proxecto de execución de unha autovía que , non por repetilo vai perder vixencia, é fundamental para a articulación do noso territorio.

E comúnmente aceitado que o stock físico de capital, as infraestruturas,dan o soporte básico a actividade económica. A sua coexistencia e complementariedade nas distintas modalidades ( vias de comunicación, solo industrial, enerxía, telecomunicacións..)forman a malla necesaria para o crecemento económico e por én, social.

Por esa razón, ainda que non soio por ela, estaría mais que xustificada a xigantesca ledicia que esta nova nos causa,asemade pra asegurar o desenvolvemento territorial precísase o soporte inmaterial da competitividade, medida que enfonta o noso territorio a todolos demais na procura dos actores da actividade económica,que é a verdadeira medida do desenvolvemento ao séla ferramenta que influe na decisións de implantación de proxectos empresariais.En esos termos, esta vía supón verdadeiro oxíxeno para o noso corpo social, tan afogado e esnaquizado.

Nesta "carreira", o atraso acumulado na construcción de esta vía, foi unha navallada nos corazóns de Bergantiños, Soneira e Fisterra, xa que en termos comparativos, si no 2003. cando se diseñou o mapa de autovías interiores de Galicia, o noso territorio partía en desventaxe, respecto o Salnés ou Barbanza, os nosos mais directos "competidores", a actuación do goberno bipartito priorizando as obras de aqueles proxectos, retrasando, e finalmente non executando, a autovía da Costa da Morte supuxo unha carga acumulada de desventaxe. Increiblemente, hoxe, despois dos anos do maior crecemento económico xeral, a elección dos nosos concellos coma destino de unha localización empresarial é moito más dificil que fai cinco anos, porque outros ofertan ventaxes engadidas das que nos carecemos.

Analizado en estos termos a licitación de esta obra é máis que un agasallo, é o verdadeiro gordo de nadal facendo o simil navideño ,coa precisión que non é ningún premio, senon facer a innegable xustiza, que non soio merecemos, senon que nos era debida.

Sen buscar culpabeis, nin pararnos en rencores nin reproches, únicamente renovar mais outra vez, a esperanzada ledicia de que "desta volta vái" e esperar que quén está a sementar duvidas,falsedades e incertos temores, quen non acepta de bon grado que en esta ocasión a sua xestión. ou a de quén apoiaba, non foi acertada para esta terra,rectificque e admita que para todos hoxe é un boo dia , unha data que tornará en histórica cando efectivamente esta vía entre en ncionamento.

martes, 15 de diciembre de 2009

O INTENSO MES DE DECEMBRO

Tradicionalmente o mes de Decembro supón, na axenda parlamentaria clásica, unha das "tempadas altas" na que se concentran algúns dos debates mais trascendentais do periodo de sesións

Esta característica, fundamentada a cotío,na celebración do debate da Lei de Orzamentos da Xunta de Galicia,toma mais vixencia no presente mes ao coincidir cos traballos de ponencia e votación de dous proxectos de lei especialmente relevantes, léase, o proxecto de Lei de Aproveitamento Eóllico e o, popularmente, chamado proxecto de Lei de Caixas de Aforros.

Sen dúvida a coexistencia de estos tres proxectos, salientabéis no seu ámbito por diversas razóns, otorgan a actividade parlamentaria unha relevancia especial no presente momento. Cada ún deles, revélarase ferramenta imprescindible na definición do entorno, o espacio politico i económico galego do presente inmediato e do futuro próximo. Estamos a definir a escea onde se desenvolverá, nos vindeiros anos, o devenir do marco financieiro i empresarial, en sectores estratéxicos de Galicia. Sen dúvida, materia i empresa que requirá da maior perícia e atención e na que seria desexabel o mellor do traballo e da participación de todos.Non é menor, en términos parlamentarios, o feito de que un deles sexa a proposta d'un grupo da oposición, non do maioritario,coma é habitual.

Pola miña banda, espero colaborar e facer a miña hummilde aportación, xa que teño a sorte de participar de xeito directo, ainda que secundario, ao serén designado, polo grupo parlamentario popular, segundo ponente en todolos proxectos citados, asemade da miña condición de Presidente da comisión 6ª de Industria e de VIcepresidente da comisión 3ª de Economía e Facenda, órganos nos que se estan a tramitar os devanditos proxectos.

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO
BENVIDOS, A MIÑA CASA VIRTUAL

POPULARES DE CARBALLO

O PP Denuncia os problemas do tráfico en Carballo
http:://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/16/0003_8174119.htm