miércoles, 27 de octubre de 2010

A modernizacion de Carballo

Retomo as aportacións a este blog, co compromiso de ser máis constante no futuro, para tirar unha reflexión sobre como se están a facer as cousas en materia de obras e modernización en Carballo.

Con seguridade no pasado, e con moita probabildade no futuro, ningún goberno municipal de Carballo, vai dispor de mellores condicións económicas para a realización dos seus proxectos. Non soio por disfrutar no goberno do momento de maior desenvolvemeno economico de España nos pasados 50 anos, senon tamén , por contar cos recursos procedeentes dos fondos do estado, nas suas diversas modalidades ( plan E, apoio os orzamentos. etc.) que supuxeron no seu conxunto mais de 12 millóns de euros. Contando ademais, perante a maioria de este periodo , coa axuda de todalas administracións de ámbiro superios (Deputación da COruña,Xunta de Galicia) por ostentar as súas forzas politicas o goberno en todas elas.

Esta é a contexualización correcta de estos anos de goberno municipal. E si os tempos foron, sen duvida, extraordinarios, os resultados pola mesma lóxica, tamen terían que selo na mesma medida. Ningún goberno tivo, coma este, a posibilidade real de facer unha profunda transformación urbana e social do noso concello.

Debemos analizar cales dos verdadeiros problemas estructurais que ten Carballo van querdar resoltos co paso pola alcaldía de Evencio Ferrero. Vexamos: O problema do abastecemento de auga en Carballo, está na mesma situación que hai 8 anos. En termos de infraestructuras :a apertura dos grandes sistemas xerais da nosa trama urbana están sen empezar ( sen olvidar o atraso das obras da circunvalación) . A revisión do Plan xeral está, en termos administrativos, sen escomenzar, con gran risco de anulación da norma existente cos graves perxuicios para todolos carballeses. En termos educativos ,existen ó mesnmo número de centros de ensino que hai oito anos, agora saturados ata o limite. En plazas infantís,nin unha soia plaza nova creada por este goberno, pese a prometer ata duas escolas infantís. En termos de mellora da humanización de Carballo, o problema da construción de aparcamentos,continúa coa solución provisional de utilización de solares privados que deixou o anterior goberno no 2003. En sanidade, non se teñen incrementado as instalacións e servizoa que xa estaban en marcha, sin falar do prometido hospital comarcal que nin tse plantexou, nin a ampliación do actual edificio do PAC existente e pr ultimo, da promesa do novo centro de saude na Milagrosa, nin se sabe.A rede viaria de Carballo está francamente deteriorada e por culpa de ese abandono, tardaremos anos, nas circunstancias actuais, en poder recuperar o boo estado das nosas carreteiras locais que habia hai 8 anos.
En resumo, non se pode obviar que efectivamente mellorou o tratamento urbano de algunhas ruas de Carballo, de infraestruturas sociais pero o importante, o sustancial o que verdadeiramente crea fundamentos para o desenvolvemento economico e social, non se ten atendido, desaproveitando unha oportunidade única.

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO
BENVIDOS, A MIÑA CASA VIRTUAL

POPULARES DE CARBALLO

O PP Denuncia os problemas do tráfico en Carballo
http:://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/16/0003_8174119.htm