viernes, 25 de febrero de 2011

POR FIN , TREN

Carballo, entre outras, presenta unha singularidade característica no que tén que ver co seu modelo de crecemento. Esta peculiaridade consiste en que o noso concello ven mantendo níveis de crecemento sostidos no tempo, en termos demográficos,urbanos e económicos sin dispor de ningún elemento dos considerados tradicionalmente pola doctrina económica como "motores" do desenvovemento, a saber, ter un gran porto, un recrso natural no sue territorio , unha conwxión ferroviaria ou ser limitrofe con unha cidade. Situación que nos distingue de todas as vilas de Galicia do noso tamaño, que sí dispuxeron de éstas, ou de algunhas de elas, como impulsaores do seu crecemento, asi VIllagarcia - Tren e porto,Porriño (o recurso natural da pedra natural) Arteixo, Oleiros, Narón ou Ames - limitrofes de cidades e receptores das suas dinámicas de crecemento.

Ven a conto esta reflexión, pola recente publicación das Directrices de Ordenación do Territorio, documento de planificación territoral basico, que ainda que tarde, tén que ser moi celebrado, especialmente na nosa comarca, xa que por primeira vez nun documento de carácter oficial e no ámbito da planificación e ordenación do territorio, aparece configurada esta conexión como de interés xeral, coas consecuencias, ou mellor dito, coas novas expectativas que esta inclusión permite.

O que historicamente estivo explicitado exclusivamente no ámbito das ambicións locais, dos traballos universitarios,ou das utopías políticas, pasa a formar parte de un documento de carácter oficial que ten por principal destiño se-la guía do desenvolvemento territorial de Galicia para o futuro.

O tren cara a Carballo, éxiste agora de xeito oficial e desde este momento iniciamos un novo camiño, que será longo e complicado. Dende este momento a nosa reivindicación mudou sensiblemente o seu carácer, para pasar da mera ambición locai para convertirse nun obxetivo xeral de Galicia.

Queda moito que andar. Pero dende agora xa temos un soporte novo e unha ferramenta de gran calado,para afondar na árdua tarefa de persuadir e convencer ao conxunto das administracións de que hai que percorrer esta vía.

O futuro da consolidación do eixe empresarial Carballo-Laracha, como espacio loxistico do porto exterior, mais da creación da área supra-municipal Carballo-Laracha como auténtico territorio metropolitano da cidade da Coruña,pasa necesariamente pola exsitencia de esa infrestructura ferroviaria, que nos permita afianzar, en torno a ese motor de desarrollo,o noso modelo de crecemento e segir sendo no século XXI unha das primeiras grandes vilas de Galicia, situación que, ao menos en termos demográficos, pouco a pouco estamos a perder.

Por fin, o tren.

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO
BENVIDOS, A MIÑA CASA VIRTUAL

POPULARES DE CARBALLO

O PP Denuncia os problemas do tráfico en Carballo
http:://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/16/0003_8174119.htm