martes, 23 de marzo de 2010

A modificación da Lei do Solo

Retomo a miña bitacora, abandoada longo temmpo por diversos motivos que non veñen ó caso, entre os que destaca,sobre todos ,a miña recoñecida tendencia ao caos.E fagoo nun día ben importante para o noso territorio pola especial trascendencia da modificación legal que vimos de votar esta mañán.

Non quero insistir nas carácteristicas deste cambio da Lei,no que ten de adaptación a realidade do medio rural e rur-urbano galego, e sí reparar en outras cuestións ,que apolado na miña proximidade o cerne da cuestión, volven a chamar fondamente a atención.

De entrada , outra volta mais, a fonda disputa entre o positivo e o normativo, entre a ralidade e a idealidade.A dicotomia entre como són as cousas versus como deberian ser, e no fondo do debate está a resposta que as leis teñen que dar a esta dialéctica.

O certo é que no fundamento de esta cuestión agóchase unha fonda paradoxa, con dous grupos de poboación perfectamente configurados.

Por unha banda, atópanse aqueles cunha fonda conciencia conservacionista, de residencia urbana , para os que a protección do medio rural, de onde xon orixinarios na súa maioria, é un obxetivo inexcusable,ainda que non sexan os principais "usuarios" de este medio e mesmo teñan fuxido dél.

Por outra banda están os habitantes do medio rural, aqueles que decidiron ligar os seus proxectos de vida a ese entorno e para quén as restriccións no uso do territorio son,en alguns casos, un atranco, e defenden redaccións da Lei mellor adaptadas aos "usos e costumes" tradicionais do entorno, que colisionan co concepto de "ordenación/planificación" orientada a xestión do territorio.

En resumen os que marchan queren protexer o medio rural para que se conserve e os que se quedan,non poden "usar" o entorno no que deciden establecerse, contribuindo de ese xeito decisivamente ao seu sostenemento.

Dificil dilema

Parafraseando a B.Brecht, e uitlizando as suas categorías, é dificil na ordenación dos usos do solo en Galicia otorgar acaidamente os papeis para saber quénes son os "moitos" necesrios e quénes os "poucos" imprescindibeis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO
BENVIDOS, A MIÑA CASA VIRTUAL

POPULARES DE CARBALLO

O PP Denuncia os problemas do tráfico en Carballo
http:://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/16/0003_8174119.htm