miércoles, 20 de enero de 2010

Os orzamentos de Carballo

Como cada ano,como unha cerimonia que se repite de xeito regular, o goberno ven de presentar o proxecto de orzamentos do Concello para 2010. Este acto recurrente ten, ou deberia ter, un gran significado dende o punto de vista politico e social. Estamos a falar da materialización dos proxectos do goberno. Do destiño dos nosos cartos e da proba do algodón de calquer xestor.

A lóxica indica que esta presentación tiña que ser un dos momentos importantes do curso politico,visto dende as duas beiras,a do administrador, por canto mostra a súa proposta e pon blanco sobre negro o seu xeito de cumplir co mandato de xestión da cousa pública e 0 grado de cumplimento do seu programa, pero tamén pola banda do administrado, quén agora tería a oportunidade de exercer o seu deber ( e dereito) de analizar e cuestionar a utilización dos recursos que entrega para administrar, non en balde chámaselle "contribuinte" e a coincidencia co que se lle tiña ofertado.

A partires de esta exposición teórica, podemos contemplar, que nembergantes, a realidade e outra diametralmente distinta. Nin o administrado mostra a inquedanza por saber e coñecer cal será a finalidade dos recursos abondosos que deposita nas máns dos gobernantes nin o administador se esforza o máis mínimo en que este achegamento se produza. Ben á contra, parece procurar que o proceso discurra na mais absoluta das indiferencias e na lonxanía do interés dos seus gobernados.

As razóns que explican o comportamento dos cidadásn son diversas, pero o que dende a órbita política e reseñable e a intención do goberno municipal en esta modalidade de opacidade, de falta de transparencia, nesta anestesia orzamentaria que persigue devaluar o debate e quitarlle, a un dos momentos mais intensos da vida politica, o seu contido e minimizar a propia esencia da democracia participativa.

E criticable que sendo éste un momento culminante da vida politica municipal, o goberno do BNG non movilize nin un áceno de esforzo para combatir a atonía e a falta de interés dos carballeses en este proceso. E moi revelador que este goberno municipal, que destaca sobre todo pola sua querencia pola propaganda e a foto permanente, pola difusión triunfalista de todo o que fai, caseque minuto a minuto, se aplique en este apagón informativo e fomente a resignación frente a motivación para facilitar o coñecemento e o debate da sua proposta.

Coñecendo esa desviación polo publireportaxe debemos concluir que este xeito, non inocente, de actuar acredita que non teñen nada que ofrecer ou ben, que hai algo que ocultar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO
BENVIDOS, A MIÑA CASA VIRTUAL

POPULARES DE CARBALLO

O PP Denuncia os problemas do tráfico en Carballo
http:://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/16/0003_8174119.htm