lunes, 21 de diciembre de 2009

O novo parque do Rego da Balsa

Unha das actuacións incluídas no F.E.I.L., o mal chamado plan zapatero,foi a remodelación da zona verde do Rego da Balsa,para construir un parque infantil dentro da zona verde deseñada polo plan xeral de urbanismo.

A decisión de intervir, en principio, non parece desacertada, tendo en conta que aquela está chamada a convertirse nunha das principais vias e zonas urbanas de Carballo. E previsible que cando se produza o desenrolo inmobiliario daquel poligono recentemente urbanizado polos seus propietarios, será unha zona moi poblada e polo tanto necesitada de espacios de lecer.

Agora bén, hai que manifestar certas prevencións. Decidir renovar completamente unha zona onde xa existe un parque, certamente costoso no seu momento por mor da canalización do rio, é moi delicado. Supón, de entrada, desfacer o feito e ao mesmo tempo, implica deixar de actuar en outro lugar onde exista unha necesidade non atendida.

Polo tanto débese ter clara a ventaxe de refacer algo existente antes de facer unha nova actuación. Non parece que o anterior parque do rego da balsa presentase problemas maiores que obligaran a sua completa reconstrucción, mais aló do sempre necesario "lavado de cara", polo tanto sería oportuno que alguén xustificase as razóns polas que houbo que facer ese novo deseño de parque.

A seguinte prevención está relacionada coa propia selección do proxecto a executar. E dificil entender cal é o argumento que xustifique "encofrar" entre muros de cemento un espacio verde. E dificil de entender o criterio estético que defende o enclaustramento do rio e a creación de un laberinto de muros de cemento.Quén e porqué, son as preguntas que todos nos facemos, nunha Vila que si está sobrada de algo é de "monumentos" ao cemento.

A prevención final, mais aló de criterios estéticos, está relacionada coa boa xestión dos fondos públicos que é exixibel en todalas actuacións.Que os recursos foran "regalados" o concello polo propio plan non éxime de procurar a sua optimización. Para min resulta absolutamtente impropio investir en remodelar un parque, que xa existia, mais de 400.000 euros, cando mais da metade irán á partida de " hormigon e pavimentos".

Non é admisible, e aquí reside o grave desacerto, aprobar este despilfarro. Mais aló de valoracións subxetivas, a comparación con outras actuacións da mesma natureza feitas polo propio goberno deixa en moi mal lugar o responsabel da decisión. Téñase en conta que, por exemplo, o novo parque da plaza Eduardo pondal, tivo un orzamento total de 120.000 euros. Ou a semipeonilización da rua Desiderio Varela que costou aproximadamente a metade do parque do rego da balsa.

Polo tanto, nen dende o punto de vista estético xa que éste parque hiper-moderno de un estudio de arquitectura, por certo, a quén o goberno tenlle outorgado outros proxectos igualmente "singulares" en Carballo( Centro social de Oza)
non resiste a mínima comparación coa última plaza feita pola escola-taller.

E por suposto, nin dende o punto de vista económico, xa que non é admisible que se gasten perto de medio millón de euros en facer un parque, que xa estaba medio feito, cando é evidente que revisando mellor os proxectos, tendo criterios mais claros ou sencillamente, deixando actuar os técnicos propios os resultados son manifestamente mellores.

Para rematar unha proposta: tendo en conta o resultado, creo que sería acaído bautizar o novo espacio como o "Parque de Berlín" ou "Parque de Xerusalem" , como homenaxe as cidades marcadas pola existencia de muros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO

O BLOG DE ALBERTO SUEIRO
BENVIDOS, A MIÑA CASA VIRTUAL

POPULARES DE CARBALLO

O PP Denuncia os problemas do tráfico en Carballo
http:://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/16/0003_8174119.htm